Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Oleiros homenaxea a figura de Carlos Casares ao longo de todo o mes de maio

Oleiros, 4 de maio de 2017-. O Concello de Oleiros organiza unha ampla programación de actividades para dar a coñecer a figura de Carlos Casares, a historia do Día das Letras e promover a lingua galega. Como todos os anos, os estudantes de secundaria e bacharelato dos institutos públicos recibirán unha publicación municipal sobre a vida e obra de Casares elaborada por profesorado do IES María Casares, Pepe Taboada e Miguel Cuba.

O grupo Gramola Gominola ofrecerá concertos para o alumnado de 1º e 2º de primaria de todos os colexios públicos. Os de 5º e 6º coñecerán a vida e obra de Carlos Casares a través dunha xincana literaria. Ademais, en todas as escolas realizarase unha lectura lúdica e participativa do primeiro libro infantil publicado por Carlos Casares, A galiña azul.

Nas bibliotecas municipais realizaranse numerosas actividades para os escolares: conferencias, contacontos, concertos,… Fóra do horario lectivo, haberá máis propostas para o público infantil –ás 18:30 horas en todos os casos:

BIBLIOTECA ROSALÍA DE CASTRO. SANTA CRUZ
Día 10: Galiñas azuis e laranxas laranxas con Paula Carballeira

BIBLIOTECA MARIA JOSÉ RUSO. DORNEDA
Día 15: Contos miudiños con Carlos Casares con Marisa Irimia

BIBLIOTECA MANUEL MARÍA. OLEIROS
Día 16: Contos a esgalla! con Ramiro Neira

BIBLIOTECA RIALEDA. PERILLO
Día 18: Contos de laranxas azuis con Paula Carballeira

BIBLIOTECA XOGRAR MENDIÑO. LORBÉ
Día 18: De illas e tesouros Galicia está chea con Soledad Felloza

BIBLIOTECA Mª JOSÉ TRINCADO. MERA
Día 19: Non é ningún conto! con Ramiro Neira

BIBLIOTECA ÁNXEL FOLE. NÓS
Día 19: O carteiro en bicicleta con Caxoto

Pola súa parte, o alumnado de Folk e das Colectivas de Gaita e de Acordeón da Escola Municipal de Música de Oleiros ofrecerán un concerto na Fábrica o 24 de maio ás 18:30 horas. Os músicos e músicas encherán o auditorio dos ritmos tradicionais da nosa música para homenaxear a nosa lingua e a Carlos Casares.

PROGRAMACIÓN COMPLETA
 

back link