Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Oleiros fai público o gasto do cartón de crédito municipal ante as difamacións do PP

 Oleiros, 16 de abril de 2012-.     Ante as constantes difamacións do portavoz do Partido Popular en relación aos gastos que, supostamente, segundo sempre este portavoz, o alcalde, Ángel García Seoane, faría coa tarxeta de crédito municipal, o interventor do Concello certifica que a dita  tarxeta só foi utilizada unha vez desde o 1 de xaneiro de 2011. O gasto total da devandita tarxeta é de 261,68 euros en concepto de invitación protocolaria durante a recepción ao alcalde da localidade italiana de Buccino o 30 de xullo de 2011 por mor da visita dunha delegación deste municipio durante o encontro entre mozos de ambas as dúas localidades.
 
O alcalde de Oleiros lamenta a constante actitude tendenciosa e difamatoria mantida por parte do novo portavoz popular en Oleiros como substituto de Pablo Cobián, quen se atopa pendente de esclarecer a súa implicación na Operación Campeón.
 

Ver informe do interventor
 

back link