Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Oleiros asinará o sábado a súa adhesión ao programa Apego

Oleiros, 07 de abril de 2016-. O vindeiro sábado, ás 12.00 h no Centro Ágora da Coruña, terá lugar o acto de adhesión do Concello de Oleiros ao programa Apego. A iniciativa, impulsada polos técnicos de normalización lingüística de varios concellos galegos, busca promover e arroupar a transmisión da lingua aos nenos e nenas.

A través deste programa poñeranse en marcha no noso municipio diversas accións, centradas nas crianzas entre 0 e 6 anos mais que abranguen os diferentes contextos da vida dos nenos e nenas. Distribuiranse materiais específicos, organizaranse actividades, achegaranse argumentos, información e recursos…, para as familias e para os profesionais. En todas as accións do proxecto resalta a valoración positiva da lingua e a necesidade de que colectiva e individualmente exista un compromiso con este herdo para que no futuro os nosos nenos e nenas poidan seguir gozando del.

O programa Apego mantense desde os servizos de normalización dos concellos participantes, impulsados inicialmente pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) e para a súa difusión recórrese tamén á rede: www.apego.gal e www.facebook.com/apego.gal.

 

back link