Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Oleiros aproba os proxectos que se incluirán no Plan provincial DTC-93

Oleiros, 16 de maio de 2014-. O Concello de Oleiros aprobou esta mañá nun pleno extraordinario e urxente os proxectos que se incluirán no Plan provincial DTC-93. A corporación aprobou por unanimidade a proposta do grupo de Goberno quen presentou unha serie de proxectos encamiñados a mellorar a iluminación pública e promover o aforro enerxético.

O Goberno local propuxera outro conxunto de obras entre as que se atopaban as melloras das casas do pobo de Perillo, Dorneda e Lorbé ou a adecuación de terreos para a construción do futuro campo de fútbol da zona norte do municipio, pero o cambio de criterio e a estrita interpretación da norma feita por parte da Deputación provincial obrigou a cambiar os proxectos. De todos modos, e segundo anunciou esta mañá durante a sesión o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, o Goberno local tratará igualmente estes traballos. Así mesmo, no pleno celebrado na casa Charry tamén se aprobou de forma definitiva a modificación da Rede municipal de camiños.
 

back link