Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ordena o sobresemento total da causa inxustamente abe

Oleiros, 31 de maio de 2013-. En setembro de 2006 o Xulgado de Instrución nº 5 inicia as dilixencias previas contra a persoa do alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, a raíz dunha campaña mediática que durou varios meses e que foi promovida polos grupos da oposición, PSOE e PP. Na citada campaña, acusábase ao alcalde dun sen fin de irregularidades e posibles delitos urbanísticos, provocando que o fiscal, Sr. Roma, imputase a Ángel García Seoane, esgrimindo como xustificación a “alarma social” creada.

Á denuncia do fiscal Sr. Roma súmase a do portavoz do Partido Popular, naquel entón o Sr. Pablo Cobián, quen se presentou como acusación popular. Cabe resaltar a circunstancia de que dous dos redactores das noticias aparecidas na prensa foron posteriormente contratados, un como xefe do gabinete de prensa do Sr. Cobián e outro no Concello de Sada, gobernado polo PP.

Os delitos que se lle imputaban ao alcalde eran cinco:

•    Intervención en decisións administrativas que podían afectar a intereses persoais

•    Negociación prohibida a funcionarios públicos

•    Posible abuso de información privilexiada

•    Tráfico de influencias

•    Irregularidades na adxudicación de parcelas finais

 
Catro anos despois, é dicir, en 2010, a Fiscalía ditamina en sete folios o sobresemento da causa por non atopar ningún delito nos feitos denunciados. Informe este que volve a reiterar un ano despois e no que se reafirma no seu anterior pronunciamento.

Con data 6 de setembro de 2012, é dicir seis anos despois do inicio da instrución, a maxistrada-xuíz Elena Fernanda Pastor Novo, resolve aceptar a non existencia de catro dos supostos delitos e,  a pesar do ditame da Fiscalía, decide continuar coas dilixencias para o suposto delito por negociacións prohibidas a funcionarios públicos.


Contra este fallo tanto o Ministerio Fiscal como o alcalde, Ángel García Seoane, presentaron un recurso ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, cuxa resolución, de data 24 de maio de 2013, lles dá a razón ao estimar os recursos de apelación contra o fallo da maxistrada titular do Xulgado de Instrución nº 5, ordenando o sobresemento provisional e total da causa.

Con esta sentenza queda demostrada a mala fe, dos portavoces do PSOE e PP en Oleiros, deixando claro que se trata da actuación duns resentidos que nas súas agónicas ansias dun poder que ano tras ano lle negaban as urnas, non dubidaron en verter toda sorte de calumnias e difamacións contra a persoa do alcalde.

Quedan tamén ao descuberto todos aqueles que, en conivencia con eles, participaron nesa campaña de desprestixio. Os servizos xurídicos do alcalde están estudando a presentación das correspondentes denuncias xudiciais contra os autores da citada campaña pola vía civil e penal.
 

back link