Oleiros, 5 de novembro de 2010.- O auditorio da Fábrica, en Perillo, acolle este sábado a partir das 20.30 horas o concerto da banda de jazz Tangazz. Este trío ofrecerá unha visión persoal dos clásicos tangos porteños aderezados co mellor do jazz. O repertorio incluirá temas como Volver, A media luz, (E. Donato), Caminito, (J. de Giliberto), El Choclo, (A.G. Villoldo), Mi Buenos Aires querido (C. Gardel), One for Dady (Nat Adderly), One foot in the gutter, Work song (Nat Adderly), On the stairs (Pat Martino), Bye bye blackbird, ou Undecide, entre outros.
A banda está formada por Pablo Seoane o piano, Olivier Cano como saxofonista e Antón Bello como contrabaixo. A entrada é libre, ata completar a capacidade da sala.