Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O grupo estable de teatro municipal representa o sábado WIFI no Auditorio de Mera

Oleiros, 4 de maio de 2017-. O grupo estable de teatro municipal do Concello de Oleiros presenta o sábado ás 20:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera o seu espectáculo WIFI, dirixido por Ramiro Neira e Keke Díez.

WIFI é o resultado dun proceso creativo colectivo, baseado en tres ideas de forza. A brecha tecnolóxica dos nosos maiores, “Momo” de Michael Ende e “Pacto de Sangre” de Mario Benedetti. Margot é unha muller cun don moi especial: só con escoitar consegue que os que están tristes se sintan mellor, os que están enfadados; solucionen os seus problemas, ou que aos que están aburridos se lle ocorran cousas divertidas. De súpeto, a chegada dos homes grises vai cambiar a súa vida.

Participan nesta obra de teatro Conchi Fernández, Baltasar García, Natacha Ceias, Manuel García, Fernando Imbernón, Silvia Larrosa, Gladys Pérez, Pilar Pérez, Nelly Rivas, Marisa Barros, Luly Barcos, Juan Otero, Sonia Sánchez, Gloria Feliz, Benita trillo, Cristina López, Silvana López-Larrosa, Antonio González e Jaime Faraldo. A dramaturxia corre a cargo de Creación Colectiva e a imaxe é responsabilidade de Xurxo Rodríguez Baña.

As entrada é libre, con invitación. Poderán recollerse desde as 19:30 horas, ata completar a capacidade da sala.
 

back link