Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O Goberno local apoia as familias afectadas pola falta de seguridade viaria no contorno de Mesó

Oleiros, 26 de setembro de 2011-. O Goberno local de Oleiros apoia as familias afectadas pola falta de seguridade viaria no contorno da N-VI ao seu paso pola urbanización Mesón da Auga, na localidade do Carballo. María José Varela, concelleira de Interior e Seguridade Cidadá sinalou esta mañá que preto de 50 escolares de educación primaria e secundaria se ven obrigados a xogarse a vida ao cruzar a N-VI para desprazarse aos seus centros escolares. Esta vía presenta unha carencia total de seguridade neste punto a pesar do seu alto nivel de tránsito de vehículos. «Non existen beirarrúas, nin pasos elevados», indicou Varela.

A concelleira sinalou que o Goberno local apoiará as iniciativas que as familias leven a cabo ante o Goberno autonómico para que se solucione este problema coa maior urxencia posible.

back link