Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O domingo proxéctase na Fábrica a película Manchester fronte ao mar

Oleiros, 14 de novembro de 2018-. A proxección de Manchester fronte ao mar está programada para as 19:30 horas do vindeiro domingo día 18 de novembro, no auditorio da Fábrica. A entrada é gratuíta con invitación, que poderá recollerse desde unha hora antes do inicio do filme.

A película, dirixida por Kenneth Lonergan, conta a historia de Lee Chandler, un solitario encargado de mantemento de edificios de Boston que se ve na obriga de volver á súa pequena vila natal tras saber que o seu irmán Joe morreu. Alí se atopa co seu sobriño de 16 anos, do que terá que facerse cargo. De súpeto, Lee verase obrigado a enfrontarse a un pasado tráxico que o levou a separarse da súa muller Randi e da comunidade onde naceu e medrou.

Este espectáculo enmárcase dentro da programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña para o ano 2018.

back link