Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O domingo proxéctase na Fábrica a película Lobos sucios

Oleiros, 21 de novembro de 2018-. A proxección de Lobos sucios está programada para as 19:30 horas do vindeiro domingo día 25 de novembro, no auditorio da Fábrica. A entrada é gratuíta con invitación, que poderá recollerse desde unha hora antes do inicio do filme.

Esta película galega, dirixida por Simón Casal e ambientada nas minas galegas de volframio que foron explotadas polos nazis durante a guerra, amosa como dúas mulleres galegas puideron cambiar o curso da historia durante a Segunda Guerra Mundial. Manuela, unha mineira que sofre o rexeitamento dos demais por ser medio meiga, decide roubar aos nazis para tratar de curar a súa filla enferma. Nesta aventura, conta coa axuda de Candela, a súa irmá pequeña.

back link