Oleiros, 11 de xullo de 2013-. O Concello de Oleiros sacou a concesión o uso dunha parcela municipal situada no polígono comercial de Iñás co fin de que esta sexa utilizada como equipamento deportivo e dotada de pistas de pádel para a práctica deste deporte. A dita concesión outorgarase por un prazo máximo de 20 anos.
O adxudicatario terá que aboar anualmente ao Concello un canon de 6.123,34 euros mínimo, procedente da aplicación do coeficiente do 4% sobre o valor do ben, referenciado a valoración de transmisións patrimoniais da Xunta de Galicia. O primeiro canon aboarase como máximo aos seis meses. Así mesmo, o importe correspondente aos anos posteriores deberá ser aboado dentro deste mes dos anos seguintes a aquel en que se fixo o ingreso correspondente á primeira anualidade. O valor estimado deste contrato é de 122.466,80 euros.