Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O Concello renova as luminarias nun tramo importante da N-VI

Oleiros, 22 de outubro de 2015-. Dentro da política de eficiencia e aforro enerxético iniciada polo Goberno municipal hai tres anos, están a realizarse nestes días os traballos de renovación das luminarias na N-VI, no tramo que vai desde Beiramar ata o linde con Cambre. Esta obra, ademais de mellorar a iluminación da zona, supón unha importante redución de gastos para as arcas públicas.

O alcalde lembrou que se trata dun alumeado de 34 anos de vida. “Malia estar nunha estrada do Estado, foi o Concello o que tivo que acometer a obra. Lamentablemente, neste municipio, o Estado fai moi poucas cousas e se temos que agardar por eles mal imos", dixo.

Os traballos estanse a realizar polas noites, a partir das 00:00 horas, para causar os menores trastornos posibles aos condutores e condutoras. Está previsto que a obra quede rematada antes de finalizar a vindeira semana.


 

back link