Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O Concello organiza as X Xornadas de Orientación Académica

Oleiros, 14 de marzo de 2012-. O Concello de Oleiros, a través da Concellería de Ensino e Xuventude, organiza as X Xornadas de Orientación Académica. A sesión, orientada ao alumnado de segundo de bacharelato do municipio, celebrarase o próximo xoves día 15 a partir das 9.30 horas no auditorio da Fábrica. Estas xornadas teñen por obxectivo asesorar a xente nova sobre as distintas opcións académicas que teñen tras completar os seus estudos de secundaria. Na charla que durará ata as 13.30 horas, informarase sobre ciclos formativos de grao superior, así como das distintas opcións universitarias como enxeñería, arquitectura ou as distintas ramas de ciencias da saúde.

back link