Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O Concello oferta 4 cursos de formación para persoas en situación de desemprego

Oleiros, 11 de decembro de 2018-. A Xunta de Galicia concedeulle ao Concello de Oleiros unha subvención de 202.282,80 euros para a realización de cursos de formación para persoas en situación de desemprego. En total ofertaranse 4 programas formativos que comezarán no mes de xaneiro.

Os cursos que se van impartir son os seguintes: cociña, atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, atención sociosanitaria a persoas dependentes no domicilio e actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería

 As clases vanse impartir nos Centros Municipais de Formación Isaac Díaz Pardo e  A Carballeira.  Para poder participar nos cursos é necesario estar inscrito como demandante de emprego no servizo público de emprego de Galicia. As persoas interesadas deben contactar co Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo: rúa dos Regos 24, 981 610 319 e cmf@oleiros.org.

back link