Oleiros, 26 de outubro de 2015-. Operarios do Concello de Oleiros iniciarán de xeito inmediato as tarefas de limpeza da estatua do Che, que sufriu un acto vandálico a noite do pasado sábado. Os vándalos botaron esmalte na parte de ferro e tamén pintaron a base de pedra.
O alcalde, Ángel García Seoane, comentou que o acto vandálico foi cometido, seguramente, polas mesmas persoas que atentaran hai anos contra a estatua. “A forma de facelo e o resultado é semellante”, dixo. Tamén cualificou de “irrisoria” a pintada xa que “chamarlle asasino a un home que loitou polas persoas pobres do mundo non ten outra cualificación".