Oleiros, 15 de xaneiro de 2016-. Ante a elevada demanda das actividades ofertadas polo programa Ocioleiros, o Concello habilitará novos grupos para que as persoas que non obtiveron praza poidan participar. Ocioleiros oferta 30 actividades para este 2016.
Unha vez que xa finalizaron as prescricións e xa se realizou o sorteo o pasado 7 de xaneiro, o Concello decidiu formar novos grupos naquelas actividades que tivesen superado o cen por cen da demanda. As persoas interesadas en confirmar se están incluídas nestes novos grupos poderán consultar a páxina web do Concello ou preguntar na conserxería da Fábrica a partir do vindeiro luns co fin de formalizar a súa participación. Os grupos creados a maiores terán un horario diferente ao anunciado e, nalgúns casos, mesmo poden variar de día.
O prazo de pagamento, que é o que garante a praza, será do 25 de xaneiro ao 2 de febreiro, tal e como se recolle no reverso das follas de preinscrición.