Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O Concello destinará 6.000 euros para os e as deportistas oleirenses que participan en competic

Oleiros, 29 de agosto de 2018-. A infraestrutura deportiva existente no Concello de Oleiros propicia que cada vez sexan máis os e as oleirenses que participan en competicións internacionais. Para axudalos, o Concello destinará unha partida de 6.000 euros dirixida a sufragar as viaxes que teñen que realizar aos campionatos que teñen lugar no estranxeiro. Uns gastos, que na maioría dos casos, teñen que afrontar os propios deportistas ante o desentendemento das súas respectivas federacións.

A concesión de axudas está dirixida a aqueles deportistas empadroados en Oleiros que participan en competicións deportivas oficiais de carácter internacional cuxas disciplinas contan con Federación Internacional e están recoñecidas pola propia federación española e/ou galega da disciplina en cuestión. Quedan excluídos da convocatoria aqueles eventos relacionados coa caza, a pesca, as actividades a motor e a categoría de veteranos de calquera competición.

As persoas interesadas en percibir esta subvención deberán dirixirse ao Rexistro do Concello de Oleiros sito no centro cultural A Fábrica, rúa do Inglés, 13. O prazo de presentación de solicitudes remata o 2 de outubro.

 

back link