Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O Concello de Oleiros reclamará á Consellería de Sanidade unha atención primaria máis rápida

Oleiros, 16 de novembro de 2015-. O Concello de Oleiros solicitaralle á Consellería de Sanidade que aclare que está a suceder na atención primaria dos veciños e veciñas de Oleiros debido ás importantes demoras que se están a rexistrar na concesión de citas. Aínda que non se trata dunha competencia municipal, o Goberno local está moi preocupado por esta situación e reclamará unha maior celeridade na atención médica.

 “Hai unha morea de veciños e veciñas que se dirixiron ao Concello de Oleiros para informarnos de que están a producirse retrasos moi importantes na atención médica”, comentou o alcalde Ángel García Seoane. Aínda que estamos nunha época na que proliferan as conxestións gripais e os catarros, é intolerable que calquera persoa teña que agardar varios días a que a atendan nos centros médicos de atención primaria.
 

back link