Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O Concello de Oleiros organiza unha mesa redonda como clausura das Escolas de pais e nais

Oleiros, 9 de xuño de 2013.– O Centro de Información Xuvenil do Concello de Oleiros, organiza o vindeiro 13 de xuño ás 20:00 horas unha mesa redonda que pon fin ás escolas de pais e nais, enmarcadas dentro do programa de Prevención para a saúde, que se realizaron ao longo deste curso 2012 – 2013.

Baixo o título Papá, Mamá, por que normas? Por que límites? Recolleranse as diversas visións da necesidade de normas e límites para que todo individuo se desenvolva en todos os ámbitos dos que forma parte desde o momento da súa incorporación á vida, na familia, no centro escolar e na sociedade. Desde a experiencia profesional ou persoal dos relatores convidados.

Nesta ocasión participan como relatores:

D. Francisco Brea, educador medioambiental de CEM. Achegará a visión principalmente como pai e tamén a súa experiencia no traballo co alumnado dos centros educativos de Oleiros e doutros concellos.
Dona Mª Ángeles Colmenero, avogada. Achegará a súa experiencia legal cos adolescentes que transgriden as normas o non coñecen límites.

  D. Jesús Llaneza, profesor do IES Neira Vilas de Oleiros e responsable dos equipos de mediación do dito instituto. Tratará o tema desde a perspectiva doutra maneira de resolver conflitos provocados polo incumprimento de normas e/ ou límites.


    D. David Pardavilla, psicopedagogo e educador social no Centro de Menores Concepción Arenal. A súa visión será fundamentalmente desde o extremo do incumprimento das normas.

A mesa redonda terá lugar no auditorio do centro cultural A Fábrica o vindeiro 13 de xuño ás 20:00h.
 

back link