Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O Concello de Oleiros gana nos xulgados a un lobby israelí que pretendía censurar a información dos paneis luminosos

Tras unha denuncia presentada por un lobby israelí contra o Concello de Oleiros por unha campaña informativa nos paneis luminosos en 2024, o Xulgado do Contencioso Administrativo número 4 da Coruña acaba emitir unha sentenza favorable ao Concello desestimando o recurso presentado pola Asociación Acción y Comunicación Sobre Oriente Medio. A organización sionista con base en España pretendía censurar a publicación dunha imaxe de Benjamin Netanyahu xunto coa de Adolf Hitler, baixo o lema MESMAS BESTAS ASASINAS, coa que se pretendía denunciar o xenocidio cometido polo Goberno de Israel contra o pobo palestino.

A sentenza ampara a actuación do Concello de Oleiros en base á Constitución española, polo dereito á liberdade de expresión e á crítica política, entre outros. Ademais, impónselle ao lobby israelí o pago de todas as costas xudiciais.

Malia este tipo de presións e outras de índole superior como as ameazas veladas ao alcalde por parte do embaixadora de Israel no seu momento, o Concello de Oleiros leva décadas en campaña permanente en defensa da liberdade do pobo palestino. O Goberno municipal realizou constantes campañas informativas, accións reivindicativas, programas de cooperación, nomenclatura de espazos públicos, declaracións institucionais, manifestacións públicas, actos oficiais... en defensa da nobre causa palestina.

Nun momento que pasará á historia da humanidade polo posicionamento adoptado ante o atroz xenocidio perpetrado polo Goberno terrorista de Israel, Oleiros amasou unha vez máis o seu inquebrantable compromiso coa paz e cos dereitos humanos.
 

back link