Oleiros, 31 de marzo de 2017-. O Concello de Oleiros saca á venda 21 parcelas de propiedade municipal adquiridas gratuitamente a través da xestión do planeamento das novas urbanizacións que se foron creando por todo o concello. As parcelas están situadas en Mera, Bastiagueiro, Perillo, Iñás e Oleiros.
As parcelas son para vivendas unifamiliares, illadas ou pareadas, e para usos industriais e están dotadas de todos os servizos. A licitación será por medio de poxa pública. O prazo de presentación de ofertas abre o vindeiro luns 3 de abril e remata o día 3 de maio.
Para a venda destes solares elimináronse varias cláusulas existentes anteriormente que condicionaban demasiado ás persoas compradoras e que as obrigaban a cumprir prazos de construción, a constituír avais, etc… Así mesmo, os prezos tamén foron reducidos considerablemente.