Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O Concello de Oleiros é premiado polos xestores deportivos galegos como mellor entidade pública

Oleiros, 7 de outubro de 2015-. O Concello de Oleiros foi premiado pola Asociación Galega de Xestores Deportivos, AGAXEDE, como mellor entidade pública en 2015. O xurado dos IV Premios Galicia recoñece desta maneira o traballo que o Goberno municipal vén realizando desde hai máis de 30 anos no eido deportivo.

Con este galardón, AGAXEDE recoñece a rede de infraestruturas deportivas existente no Concello de Oleiros, a posta en marcha de múltiples actividades deportivas desde o Departamento de Deportes e o apoio constante a todas as entidades que posibilita que na actualidade existan 49 colectivos deportivos no municipio. O Goberno municipal recibirá este premio o vindeiro 23 de outubro na gala que organiza esta asociación.
 

back link