Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O Concello contratará a 38 persoas para o servizo de salvamento e socorrismo das praias

Oleiros, 05 de abril de 2017-. O Concello de Oleiros contratará a 38 novos traballadores e traballadoras para o servizo de salvamento e socorrismo. Cubriranse 24 prazas de socorristas, 6 de patróns/as de embarcacións, 6 de sanitarios/as, unha de supervisor/a, e unha de xefe/a de equipo.

O prazo de presentación de solicitudes para aspirar a estas prazas de salvamento e socorrismo vai desde mañá xoves 6 de abril ata o luns 24 de abril, ambos incluídos. As bases dos procedementos selectivos, nas que figuran os requisitos para participar, o modelo de instancia e o documento para o pago das taxas, atópanse na páxina web do Concello (MÁIS INFORMACIÓN: http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/c-participacion-rrhh/rr-hh).

Ademais destas 38 prazas, segue aberto o prazo de presentación de solicitudes para optar ás catro prazas de auxiliares da Policía Local. As bases tamén están a disposición das persoas interesadas na área de Persoal e RRHH da web municipal. O prazo de presentación de instancias remata o próximo venres 7 de abril.
 

back link