Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O Concello contrata por 183.077 euros a renovación da rede de augas de Santa Cruz

Oleiros, 27 de abril de 2018-. O Concello de Oleiros contratou por 183.077,97 euros a renovación da rede de augas de Santa Cruz, desde Coruxo de Arriba ata a rúa do Mar. Esta actuación realizarase en coordinación coa construción da rotonda de Santa Cruz para evitar romper o asfalto en dúas ocasións.

A rede de abastecemento de auga que vai renovarse é moi antiga. Sufría roturas que afectaban a centos de cidadáns, o que facía necesaria a súa mellora.
 

back link