Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O Concello celebra a gala final de Oleiros Comedy

Oleiros, 4 de xuño de 2013.– O Centro de Información Xuvenil do Concello de Oleiros, levou a cabo durante este último trimestre escolar, en colaboración cos departamentos de galego dos tres IES oleirenses o programa Oleiros Comedy.

Oleiros Comedy, ten como obxectivo fundamental o de potenciar a creatividade e a espontaneidade na expresión oral en lingua galega. Á vez que empregabamos as novas formas de comunicación para traballar a creatividade, empregar o humor para opinar sobre os temas de actualidade. O programa tivo dúas liñas de acción, por unha banda o traballo escrito e pola outra o traballo escénico, levando a cabo un obradoiro de expresión artística.

De todo o alumnado, só 22 rapaces e rapazas participarán na Gala Final de Oleiros Comedy que terá lugar o vindeiro 7 de xuño no auditorio Gabriel García Márquez de Mera ás 20:00 horas. Nesta edición os finalistas presentarán os seus monólogos segundo as temáticas: A redes sociais, o botellón e que vou ser de maior... Todas elas de actualidade. A entrada ao auditorio é de balde ata completar a capacidade da sala.
 

back link