Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O Concello asfaltará nos vindeiros días as rúas Carreira Cova e Monte do Sino

Oleiros, 14 de xaneiro de 2015-. Os traballos de pavimentación nas rúas Carreira Cova e Monte do Sino comezarán nos próximos días, tan pronto como as condicións climáticas o permitan. As intensas precipitacións das últimas semanas impediron iniciar estas obras con anterioridade.

No caso da rúa Carreira Cova, primeiramente se acometerá a substitución da rede de abastecemento de auga e de pluviais. Unha vez completada esa primeira fase, e coa pavimentación feita, realizarase o cambio de dirección anunciado nas rúas Salvador de Madariaga, Carreira Cova e A Constitución.
 
O último treito da rúa Salvador de Madariaga, desde a intersección coa rúa Carreira Cova ata a avenida Rosalía de Castro, pasará a ser de dirección única, polo que desde Rosalía de Castro estará prohibido acceder a Salvador de Madariaga. Isto tamén implicará variacións no semáforo da rúa Salvador de Madariaga.

Para baixar cara a zona do Seixal, os vehículos terán que acceder pola rúa Carreira Cova. Precisamente ese ramal de acceso, que ata o de agora era de dobre sentido, tamén se converterá en sentido único. Na rúa da Constitución quedará prohibido o dobre sentido de circulación. Os vehículos só poderán acceder a esta vía pola parte máis alta.

O Goberno local adoptou esta decisión para aumentar a seguridade de todos os veciños e veciñas de Montrove e para axilizar o tráfico da zona.
 

back link