Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O cantautor Kanka actuará o sábado na Fábrica

Oleiros, 5 de xuño de 2013-. O próximo sábado 8 de xuño ás 21.00 horas no auditorio do centro cultural da Fábrica terá lugar a actuación do cantautor Kanka, o actual proxecto musical de Juan Gómez Canca, malagueño de 29 anos afincado en Madrid. Este músico comezou a aparecer polos escenarios no ano 2003 con Dr. Desastre, banda que logo pasou a denominarse T de Trapo. Con esta formación empezou El Kanka a fraguar o que logo constituiría o seu estilo de fusión particular, cancións que causan unha variopinta combinación de estilos no musical cunha notable madurez e un alarde de cotiá ironía nas letras. Con banda ou sen ela, os seus concertos rebordan orixinalidade e frescura e deixan un exquisito sabor de boca, goza e fainos gozar con el en cada cantiga. A entrada de 2,5 euros. Os tíckets estarán dispoñibles poñeranse á venda na Fábrica a partir das 20.00 horas, ata completar a capacidade da sala.

back link