Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O alumnado do IES Miraflores lanzará unha cápsula ao espazo o vindeiro venres

Oleiros, 28 de abril de 2017-. A Axencia Espacial Escolar Galega NOSA, da que forma parte o alumnado de 3º de ESO e 1º de Bacharelato do IES Miraflores, realizará o lanzamento dunha cápsula á estratosfera o vindeiro venres día 5 de maio, co obxectivo de recadar datos científicos -capa de ozono, temperatura, presión atmosférica...- e filmar imaxes do espazo. Agardan que o aparello acade uns 35.000 metros de altura. 

Tres institutos públicos galegos de ensino secundario e do bacharelato colaboran neste ambicioso proxecto científico-tecnolóxico: o IES Maruxa Mallo de Ordes, o IES Miraflores de Oleiros e o IES Marco do Camballón de Vila de Cruces. Os encargados da área tecnolóxica son os estudantes de Oleiros.

O proxecto comezou o ano pasado no centro ordense, onde se desenvolveu o proxecto MarumaSat, que chegou ata os 25000 metros. Posteriormente, o concurso de traslado de prazas dos profesores organizadores, levounos a Vila de Cruces e a Oleiros, onde decidiron darlle continuidade á iniciativa. Isto levou á celebración o pasado 20 de xaneiro do I Congreso MarumaSat, onde naceu a primeira Axencia Espacial Escolar Galega, que foi bautizada como NOSA.
 

back link