“Atopei unha boa disposición por parte do conselleiro e van estudar a nosa postura, porque o Concello de Oleiros non lle debe nada a ningunha empresa de transporte neste momento. En todo caso, a compañía terá que xustificar o que reclama e se non hai acordo ir aos tribunais”, dixo o alcalde.
Na reunión tamén se tratou a posibilidade de mellorar o servizo de transporte na zona norte do municipio, a peor comunicada de Oleiros neste momento. Tras moitas reclamacións por parte do Goberno municipal, a Xunta está a estudar algunhas das melloras solicitadas para a súa aplicación en breve espazo de tempo.
Hemeroteca
Dende Outubro 2010
O alcalde reúnese co Conselleiro de Presidencia para avanzar sobre o regreso do bus 1-A a Santa Cristina e mellorar o transporte na zona norte
O alcalde, Ángel García Seoane, reuniuse esta mañá en Santiago co conselleiro de Presidencia, Diego Calvo, para que a Xunta de Galicia autorice novamente a chegada do bus urbano da Coruña 1-A a Santa Cristina. Tamén se abordou a posibilidade de mellora inmediata de transporte público na zona norte, en concreto nas localidades de Dexo e Lorbé.