A Xunta de Galicia non pode demorar máis tempo a subsanación destas graves deficiencias. A eliminación de liñas e servizos está a provocar unha situación insostible. É intolerable que os cidadáns teñan que anticiparse 2 horas para asegurarse poder chegar ao seu destino a tempo.
Urxe que se recuperen os servizos eliminados pola Xunta de Galicia. De non producirse cambios de inmediato, o Concello emprenderá diversas accións para defender o dereito dos veciños e veciñas de Oleiros a un servizo de transporte digno.