Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Mera acolle o sábado unha regata de traiñeiras

Oleiros, 12 de decembro de 2018-. O vindeiro sábado día 15 de decembro, ás 16:30 horas, celebrarase unha regata de traiñeiras na baía de Mera. A continuación haberá unha charla sobre valores ambientais do Golfo Ártabro Sur e boas prácticas no Local Social de Maianca, sobre as 18:30 horas.

Se as condicións marítimas non o impiden, disputaranse regatas en categoría feminina e masculina. Está previsto que participen os equipos de mulleres de Perillo, Mugardos e Riveira e de homes de Mera, Perillo, Muros, Ares, Cedeira e Mecos.

back link