Oleiros, 13 de outubro de 2016-. A banda de latin jazz liderada pola violinista Maureen Choi ofrece o sábado un concerto na Fábrica a partir das 20:30 horas. Maureen Choi Quartet está considerada unha das bandas de jazz máis orixinais, interesantes e sorprendentes do panorama actual.
Maureen Choi é unha artista que plasma co violín as súas influencias musicais e amosa a súa mestría para mesturar con elegancia jazz, latin, flamenco e música clásica. Daniel García no piano, Mario Carrillo no contrabaixo e Michael Olivera na batería completan o grupo.