Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Marcos Teira: Translations Quinteto actúan o sábado na Fábrica

Oleiros, 21 de novembro de 2018-. O vindeiro sábado día 24 de novembro, ás 20:30 horas, o auditorio do centro cultural A Fábrica de Perillo acolle o concerto de Marcos Teira: Translations Quinteto. A entrada é libre con invitación, que poderá recollerse a partir das 19:30 horas.

O baile flamenco de Isaías Salazar e a cubanía jazzística do pianista Alejandro Vargas achegan novas cores e ritmos ao repertorio mestizo de Marcos Teira. O grupo utiliza os ritmos flamencos e a liberdade do jazz para adaptar clásicos nunha paisaxe nova e suxerinte.

back link