Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás María Teresa Nadal, Pilar Rioboo, Juan Manuel Toja e Ángeles Piay foron os ganadores do Concurs

Oleiros, 14 de decembro de 2018-. Cheo total no Auditorio da Fábrica no acto de entrega dos premios do Concurso de Fotografía Vén e Descubre “Mª José Cayado” (Cheché). María Teresa Nadal Farré, Pilar Rioboo Cambón, Juan Manuel Toja Sande e Ángeles Piay Guiance foron os ganadores.

Nesta segunda edición presentáronse un total de 78 fotografías, 47 de sendeirismo e 31 de excursionismo, en distintos formatos. A variedade e calidade dos traballos puxo moi difícil o traballo do xurado, que estivo integrado por un fotógrafo profesional e unha representación do monitorado e dos participantes no programa.

Foi un acto entrañable e emocionante, no que se proxectaron todas as fotografías presentadas e se entregaron os premios ás persoas gañadoras. Ademais presentouse unha publicación na que se recolle parte do traballo realizado polas persoas participantes nos talleres de memoria do programa municipal Envellecemento Activo 60+.

Cristian Leggiero & Paty Lesta amenizaron a xornada coa interpretación de diversos temas musicais o evento. O alcalde, Ángel García Seoane, pechou o acto cunha intervención moi agarimosa.

back link