Oleiros, 26 de marzo de 2014-. Mañá xoves día 27 de marzo, a partir das 20.00 horas terá lugar no salón de plenos da Casa Charry unha sesión de carácter ordinaria correspondente ao mes en curso. Entre os puntos a tratar atópase a resolución dos recursos de reposición interpostos contra acordo plenario de 20 de decembro de 2013, no que se aprobou definitivamente o Estudio de Detalle do POL-17 – Ponte Pasaxe - Perillo.