Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Jorge Carrillo, fillo do histórico político, acudirá mañá á inauguración do parque dedicado ao

Oleiros, 28 de xuño de 2013-. Jorge Carrillo Menéndez, fillo do histórico dirixente do PC, representará mañá a súa familia no acto de inauguración do parque que o Goberno local de Oleiros dedica a Santiago Carrillo na localidade de Santa María de Oleiros. Jorge Carrillo é  economista, traballador  dunha compañía aérea e secretario de Organización del sindicato Comisións Obreiras do sector aéreo. A homenaxe celebrarase ás 12 horas na zona do parque máis próxima a avenida Francisca Herrera, nas inmediacións da pérgola instalada neste punto.
 

back link