Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás García Seoane recibe unha nova visita da APLU para realizar unha inspección no seu domicilio pa

Oleiros, 29 de outubro de 2013-. O alcalde de  Oleiros, Ángel García Seoane, recibiu esta mañá unha nova visita de técnicos da APLU para realizar unha inspección no seu domicilio particular. Esta é a terceira ocasión que a Axencia visita o domicilio do rexedor nos últimos meses. A inspección débese a unha petición xudicial motivada por unha demanda interposta por particulares contra o inmoble familiar do alcalde. Como sinalou o propio García Seoane, estes particulares acumulan unha infinidade de demandas contra a súa persoa ao longo dos últimos anos nunha clara estratexia desestabilizadora sustentada no acoso xudicial.

Cabe recordar que o Goberno local oleirense demoleu un edificio propiedade dun dos demandantes construído na parroquia de Nós e que estaba deseñado para ser utilizado, presuntamente, a actividades ilegais. Así mesmo, o propietario, condenado xa no seu día por practicar o proxenetismo, perdeu un preito interposto contra García Seoane no que acusaba a este dun delito contra o honor.  A este respecto, o rexedor lembrou esta mañá que este individuo debe máis de 6.000 euros como consecuencia dese fallo xudicial, cantidade que aínda non aboou, mentres continúa interpoñendo demandas contra a súa persoa. Ademais, no seu día, un dos demandantes intentou realizar unha recualificación de varios miles de metros cadrados da súa propiedade situados en zonas protexidas dentro do territorio municipal. Pretensión que se atopou coa oposición frontal do Goberno local.

García Seoane lamentou a actitude do xulgado neste asunto e mostrouse desconforme co feito de que a APLU, que xa fixo inspeccións no inmoble do alcalde para anteriores procesos xudiciais, non informe sen necesidade de desprazarse e invadir a intimidade do domicilio familiar.  Unha casa que leva máis de dez anos construída e que conta con tres sentenzas nas que se descarta calquera atentado contra a legalidade por parte do rexedor. Incluso, unha destas sentenzas, obriga á Xunta a devolver as sancións impostas contra García Seoane.


Segundo sinalou o mandatario, os técnicos accederon ao interior da súa propiedade onde realizaron medicións no soto e na parte exterior da vivenda por un período próximo a unha hora.
 

back link