Oleiros, 12 de agosto de 2013-. O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, anunciou esta mañá que o Ministerio de Fomento comprometeuse a poñer solución aos problemas orixinados nas inmediacións da obra de ampliación da N-VI. Deste xeito, e tras unha reunión mantida a última hora do venres entre o Concelleiro de Obras Públicas, Rodrigo López Piquín, e os responsables da obra, o Ministerio comprométese a crear un acceso para a urbanización O Pinar e permitirá ao transporte público utilizar a vía de servizo para realizar as súas paradas.
O uso deste carril por parte do transporte público permitirá que os veciños e veciñas usuarias deste servizo na zona, principalmente residentes na urbanizacións Mesón do Auga e O Pinar, non teñan que saltar as medianas da nova estrada desdobrada para acceder ao bus. A medida supón unha mellora na seguridade viaira e pon solución a un problema que preocupaba ao Goberno local e aos colectivos veciñais. Os responsables do Ministerio comprometéronse a comunicar á Xunta hoxe mesmo a solución para o problema do transporte público e sinalou que o acceso á o urbanización quedará resolto nun par de semanas cando se termine a sinalización horizontal da rotonda.