Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás El Ayuntamiento de Oleiros bautizará el paseo de Mera con el nombre del párroco Manuel Rial

Oleiros, 21 de maio de 2012-. O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, anunciou esta mañá que o Goberno local bautizará o paseo marítimo de Mera co nome do párroco Manuel Rial. Manuel Rial foi cura na localidade de Mera durante moitos anos durante os que levou a cabo un intenso labor social nas parroquias de Maianca e Serantes. Rial mantivo ao longo de décadas unha estreita relación cos veciños e coas asociacións locais de ámbito cultural, social, educativo e deportivo. O párroco, actualmente atópase xubilado pero continúa colaborando en diversas actividades da localidade e vinculado co labor eclesiástico.
 
A elección de Manuel Rial co nome do paseo marítimo da localidade de Mera foi suxerida por varios colectivos da localidade e conta co apoio das distintas asociacións das parroquias de Maianca e Serantes.
 

back link