Oleiros, 31 de marzo de 2017-. Por motivos alleos ao Concello de Oleiros, non poderá levarse a cabo o intercambio previsto entre Buccino e Oleiros para o presente ano. Pretende retomarse novamente a realización deste proxecto para que se materialice no ano 2018.
Para calquera consulta ou suxerencia sobre a programación para a mocidade oleirense pódese contactar co departamento de xuventude en c.xuventude@oleiros.org ou no teléfono 981 636 598.