Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Bronce olímpico para o oleirense Damián Ramos en París

O oleirense Damián Ramos conseguiu a medalla de bronce dos Xogos Paralímpicos que se celebran en París na disciplina de ciclismo contrarreloxo individual C4.
 

O veciño de Montrove, Damián Ramos segue a colleitar éxitos deportivos que foron culminados esta semana co bronce acadado nos Xogos Paralímpicos que se están a celebrar na cidade de París. O circuíto 14,2 kilómetros de Vichy-sous-Bois, fíxoselle pequeno para deleitarnos cunha nova demostración do seu singular poderío sobre a bicicleta logrando ocupar o podio de París na contrarreloxo individual C4. 

O Concello de Oleiros achégalle o maior dos parabéns a Ramos e séntese orgulloso dos éxitos deportivos acadados polos veciños/as que, como Damián, se forman nas escolas e instalacións municipais.

back link