Tamén se evidenciou a viveza do tecido asociativo de Oleiros que participa na organización da romaría. O traballo das persoas voluntarias permite facer un tipo de festa único, prescindindo dos modelos habituais que se celebran en recintos pechados con cáterings, restando unha dose importante da convivencia e cariño que se respira nas Merendiñas.
Esta romaría non só ofrece xantar popular servido con agarimo polas persoas colaboradoras, senón tamén música en directo e moita charla, para poñerse ao día entre veciños e veciñas nun día divertido e variado.