Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás As escolas infantís públicas do municipio acollen unha actividade de sensibilización con cans

Oleiros, 07 de abril de 2017-. Achégase a época de maior afluencia de visitantes e o Concello de Oleiros procede á reapertura da Oficina de Información Turística de Santa Cristina e da Aula do Mar de Mera. En ambos casos, os dous puntos de información permanecerán abertos todos os días agás os luns.

Para mellorar a comunicación entre os cans e os nenos e nenas a través dunha intervención asistida con animais, o Concello de Oleiros pon en marcha un programa de intervencións asistida con animais. A cadela Nuba visitará as nove aulas de 2-3 anos das Escolas Infantís de A Braña en Mera, A Pardela en Os Regos, As Galeras en Bastiagueiro e A Canteira en Perillo.

As intervencións asistidas con animais son programas deseñados para promover melloras na función física, social, educacional, emocional e cognitiva das persoas. Son programas dirixidos, desenvolvidos e avaliados por un equipo humano especializado e un equipo animal adestrado en intervencións.

Neste caso a protagonista é Nuba, unha fermosa cadela Golden Retriever de 3 anos. Coa súa axuda, os máis pequenos e pequenas aprenderán como achegarse a un can, como hai que pasealos, coñecerán as súas partes, aproveitarán para aprender a cepillala e pasearana… O obxectivo é que os menores saiban o que deben e o que non deben facer ante un can para coñecelos, coidalos axeitadamente e evitar accidentes.

Hai que destacar que as agresións de cans a persoas é un problema de saúde pública importante e unha das 12 primeiras causas de lesións domésticas. Estímase que os nenos e nenas teñen 2 veces máis probabilidades de ser vítima dunha agresión de can que un adulto e 3 veces máis probables de precisar tratamento.

O civismo e o respecto aos animais son outros dos valores que se transmiten nestas actividades, á vez que se ofrece na programación das escolas unha actividade distinta e que permite traballar na aula a visita nos días anteriores e posteriores á actividade.

Esta actividade é unha máis das distintas accións e mensaxes de sensibilización cara aos animais que desenvolve o Concello de Oleiros, incidindo na poboación infantil a través da educación nas idades máis temperás.
 

back link