Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Ante a negativa da Xunta, o alcalde solicita unha reunión co Concello da Coruña para tratar a creación dunha liña de bus á Universidade

Ante a negativa da Xunta de Galicia a atender as propostas do Concello de Oleiros para mellorar o transporte público, o alcalde, Ángel García Seoane, vai solicitar unha reunión coa alcaldesa da Coruña, Inés Rey, para analizar as posibilidades de crear unha liña de autobús desde Perillo ata os campus universitarios. 

O Concello de Oleiros demandou o pasado mes de novembro que se habilitase un novo servizo de transporte entre Perillo e o campus universitario da Coruña que funcionase de forma circular nas franxas horarias de entrada e saída das aulas, de forma que se facilitase o desprazamento ás máis de 800 persoas que a Universidade ten constancia que residen en Oleiros (a cifra real é superior dado que a UDC só dispón dos datos de residencia reais de 1/3 da poboación estudantil). Ademais, desta conexión desde Perillo beneficiaríanse tamén todos os estudantes que proceden doutros municipios e que tamén pasan por Perillo, onde poderían facer transbordo.

Non ten sentido que para desprazarse en bus á universidade os estudantes teñan que viaxar ata o centro da cidade para despois coller outro bus para ir á Universidade. Se verdadeiramente se pretende fomentar o uso do transporte público, reducir o coche privado e contaminar menos, débese dar resposta ás necesidades de mobilidade poñendo en marcha servizos que fagan viable e atractivo os desprazamentos.
 

back link