Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Abre o prazo de inscrición para o Obradoiro de iniciación á micoloxía

Oleiros, 28 de outubro de 2015-. O Concello de Oleiros organiza un obradoiro de iniciación á Micoloxía para o vindeiro mes de novembro. O curso forma parte do programa A cultura da natureza e desenvolverase no Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo, ubicado na Urbanización dos Regos. O venres 6 de novembro, de 20:00 a 21:30 h, terá lugar unha charla de iniciación e o sábado 7 de novembro, de 10:00 a 14:00 h, haberá unha saída guiada ao campo con identificación in situ.

O prezo da actividade será de 15 euros para persoas empadroadas no Concello de Oleiros e 25 euros para non empadroadas, e inclúe a charla e a visita guiada en autobús. Para máis información e inscricións contactar co Departamento de Cultura nos teléfonos 981 610 000 (extensión 4916) ou 981 636 598 ou no seguinte enderezo electrónico: r.caparros@oleiros.org.
 

back link