Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Aberto o prazo para as novas solicitudes de viaxes a través do Imserso

Oleiros, 25 de xuño de 2013-. O Imserso abriu o prazo para solicitar praza no Programa de Turismo Social para Maiores para todas aquelas persoas que accedan por primeira vez ao programa o ben que desexen renovar a súa participación tras un período inactivo. O prazo remata o próximo 12 de xullo. Pasada esa data poderán solicitar praza igualmente ata o 1 de decembro, aínda que quedarán unicamente para cubrir as posibles vacantes que quedaran.

Poden participar neste programa as persoas maiores de 65 anos, as que sexan pensionistas de xubilación, as pensionistas de viudedade que teñas 55 anos ou mais ou ben ser pensionista de invalidez, outras pensións, prexubilado e ter mais de 60 anos. As persoas solicitantes poderán escoller entre viaxes pola península ou as Illes Balears, por Canarias, circuítos culturais ou ben turismo de natureza. As viaxes inclúen o transporte e o aloxamento en réxime de pensión completa, ademais dun seguro e o tradicional programa de animación nestas viaxes.

O programa ofrece prazas en balnearios, con tratamentos termais básicos e actividades de animación, en réxime de aloxamento e pensión completa. As quendas teñen unha duración de entre 8 e 15 días e os prezos oscilan entre os 121,41 euros o mais barato e os 582,41 euros o mais caro, prezos que dependen do destino, da duración da viaxe e da temporada en que se faga.

As solicitudes deberán de facerse en liña, con fin de acreditarse de forma inmediata, ou ben por escrito, de forma tradicional, tendo que enviar a solicitude por correo. Para unha maior información poden dirixirse ao Departamentos de Servizos Sociais do Concello de Oleiros, na web www.imserso.es ou no teléfono de información deste organismo, no 901 10 98 99.
 

back link