Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Aberto o prazo de inscrición para a excursión ao Museo Etnográfico das Brañas de Valga

Oleiros, 6 de outubro de 2015-. O Concello de Oleiros organiza unha visita á Aula de Natureza e Museo Etnográfico das Brañas de Valga, no Concello de Mesía, para o vindeiro sábado 24 de outubro. A visita é gratuíta, está dirixida a maiores de idade e terán preferencia as persoas empadroadas no municipio.

Para obter máis información, as persoas interesadas deben poñerse en contacto co Departamento de Cultura, no centro cultural A Fábrica. O prazo de inscrición leva aberto desde o 5 de outubro.
 

back link