Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás A rúa Néveda en Santa Cruz, cortada ao tráfico por obras

Oleiros, 27 de maio de 2013-.  O Goberno local informa que por mor da reparación duns pozos de saneamento, o próximo mércores día 29 de maio, permanecerá cortada ao tráfico rodado a entrada da rúa Néveda pola avenida Concepción Arenal, ata o remate das obras de reparación. Calcúlase por parte dos técnicos municipais que as obras duren tres días, polo que a vía permanecerá pechada ata o próximo luns. Os residentes poderán acceder á rúa provisionalmente pola saída na praza de Liáns.

back link