Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás A Policía Local sorprende a dúas persoas roubando os peches das vivendas do paseo da ría da Pas

Oleiros, 13 de setembro de 2016-. A Policía Local sorprendeu a dúas persoas roubando os peches das vivendas do paseo marítimo da ría da Pasaxe a noite do pasado domingo. Grazas á colaboración veciñal, solicitada días atrás por parte do Goberno local, os axentes puideron coller a estas dúas persoas cando intentaban fuxir nun coche.

Os veciños da zona, alertados polos roubos cometidos durante as pasadas semanas, chamaron á Policía Local ao escoitar uns ruídos, que efectivamente eran os dous delincuentes serrando os barrotes dos forxados. Os ladróns tiraron o material subtraído á ría e intentaron escapar pero foron collidos na rúa Estaleiro, xunto ao edificio Copigal. Horas máis tarde, coa baixamar, puidéronse recuperar os forxados do fondo da ría.

Agora a Garda Civil ten un expediente aberto por este caso. As persoas identificadas dedicábanse, supostamente, a vender os materiais roubados.
 

back link