Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás A obra teatral "As gardiás ou o nó do tecelán" pecha o ciclo de teatro de outono do Concello de Oleiros

As gardiás ou o nó do tecelán, de teatro de Ningures, chega ao auditorio Gabriel García Márquez o sábado 22 de novembro ás 20:30 horas. 

O espectáculo de Nasser Djemaï, dirixido por Cristina Rodríguez, presentarase no García Márquez o sábado 22 de novembro ás 20:30 horas. 

As Gardiás presenta o dereito a decidir como xestionar a nosa propia vellez. O humilde piso de Rosa, nun vello edificio no corazón dun barrio popular dunha vila obreira, é o refuxio acolledor dunha tribo de catro mulleres maiores organizadas. Rosa (que se topa nunha cadeira de rodas) e as súas compañeiras, Ana, Marga e Susana, son operarias xubiladas da industria téxtil, e están decididas a preservar a súa independencia. Cando a filla de Rosa, Vitoria, propón trasladala a unha institución médica e vender o apartamento, comeza unha loita entre dúas visións do ben envellecer. Enfrontadas ás decisións de Vitoria, as vellas mulleres defenden o seu dereito a vivir xuntas e en liberdade e artellan unha serie de estratexias para convencer a Vitoria de que a súa é a postura mellor.

O espectáculo está dirixido público adulto  (maiores de 12 anos) e o custe da entrada é de 4,00 euros. A compra anticipada das entradas pode realizarse a través da plataforma electrónica (giglon.com) e na billeteira do auditorio desde unha hora antes do comezo de cada espectáculo. O pagamento na billeteira só se poderá realizar a través de tarxeta bancaria.
 

back link